O Contomar despide o ano coa representación de “Titiricircus” no auditorio Lois Tobío de Gondomar

O domingo 22 de xaneiro, ás 18:00 horas, no auditorio Lois Tobío de Gondomar, Espazo Lectura, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, presenta a obra de marionetas de fíos e actores Titiricircus, de Tanxarina Títeres. Con este espectáculo despedimos o Contomar ata o próximo ano, cando regresemos con máis contos tras as vacacións de Nadal.

Titiricircus é unha lembranza ensoñadora e festiva do grande circo de  carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e “bailón” do mundo…

O prezo da entrada é de 2,50 euros. Os nenos e nenas con máis estrelas de asistencia no Contomar recibiron o luns pasado invitacións para asistir á representación de balde. Estas son as fotos desa sesión, dedicada ao mundo do circo.