A sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura estará dedicada este mércores, 2 de marzo, aos contos Manu, de Irene Pérez Pintos, e A bañarse, de Taro Gomi. No obradoiro, empregaremos as nosas mans para moldear un personaxe dos contos. A cita é ás 18:00 horas, e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros.
A semana pasada lemos contos do lobo feroz: Os sete cabritos, Carapuchiña vermella e Os tres porquiños. Os nenos e nenas tiveron primeiro que demostrar que son capaces de ouvear coma lobos e, depois da lectura dos contos, fixeron unha careta para convertérense neste animal que non é tan fero como o pintan. Estas son as imaxes dese día: