“Abastos”, a primeira publicación do selo 3pintamonas, no Lecturas Debuxadas deste mes

Mañá martes 20 de outubro, ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar, celébrase a primeira sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas da nova tempada. Nesta ocasión comentaremos “Abastos”, a primeira publicación dun novo selo editorial galego especializado en banda deseñada: 3pintamonas.

Durante a sesión teremos oportunidade de falar con Víctor Rivas, un dos autores de “Abastos” e ilustrador do recente Premio Nacional de Literatura Infantil “Escarlatina, a cociñeira defunta” da escritora Ledia Costas.