O Sete Vidas inaugura unha nova tempada o xoves 6 de outubro con Non penses nun elefante rosa, de Antía Yáñez (Xerais).
Con sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora.