Este mércores 4 de novembro a partir das 18:00h imos comprobar que na Casa da Lectura non temos medo. Comezaremos confeccionando un “comemedos” e logo, baixo a súa protección, achegarémonos ás historias de Gato Guille e os monstros e O souto escuro e perigoso e non sentiremos medo ningún… Atrevédesvos? Estaremos á vosa espera… Non faltedes!
A sesión comezará ás 18:00h na Casa da Lectura, aínda que estaremos alí desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.
A semana pasada,tivemos unha sesión lixeira coma as plumas na que falamos de contos de seres diminutos e leunos Pulguiña e Señorita Pluma.
Despois fabricamos as nosas propias plumas e participamos nun campeonato de soprado de pluma no que houbo moita rivalidade. Estas son as fotos dese día.