O próximo luns 4 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
– A horta de Simón (Kalandraka).
– O incrible neno devorador de libros (Patas de peixe).
– Chocolata (OQO editora).
– A lenda da touba do Brión.