Este próximo sábado 29 de novembro terá lugar na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. A sesión comezará ás 20:00h e rematará ás 00:00h, cunha pausa para cear xuntos.
Nesta ocasión a proposta consistirá nun obradoiro de creación que, baixo o título Con nocturnidade e poesía, impartirá a poeta Elvira Riveiro. O obradoiro continuará na sesión de decembro e completarase en xaneiro cun obradoiro de encadernación que permitirá que cada comandoleiro ou comandoleira faga o seu propio libro cunha selección dos poemas que nazan no obradoiro de Elvira Riveiro.
Esta será a segunda sesión do Comando Le nesta tempada 2014-2015, logo da que celebramos en outurbo, da que vos deixamos a continuación algunhas imaxes.