Este luns 9 de xaneiro retomamos as sesións do Contomar na Biblioteca de Gondomar. O contacontos comezará, coma sempre, ás 18:00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados dos seus familiares.
O 19 de decembro despedimos o ano no Contomar coa biblioteca ambientada de Nadal. Ese día tivemos dúas visitas moi especiais: unha foi a de Carlos, coautor xunto coa súa familia do libro que nos leu, “Xulia e as Poupeiriñas”. Ademais de lernos o contos falounos dos seres mitolóxicos que teñen a súa orixe nas nosas terras. O segundo conto, “O Apalpador”, leuno Fátima, coa sorpresa de que o Apalpador se achegou ata a biblioteca e, como non tiña présa por marchar, quedou para escoitar o conto que leu Marta, “Antón e o Apalpador”. Para rematar, o Apalpador agasallou os nenos e nenas cunha das súas historias “O Apalpador e as castañas máxicas”.
Nesta ligazón pódense ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/Ep6WSXGEv4DurH5g8