Contamos e cantamos de novo en Contos en Cueiros

O próximo venres 17 de xuño, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, poderemos desfrutar da derradeira sesión desta tempada dirixida aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión a sesión estrá dirixida e Deseñada polo equipo de persoas voluntarias de Espazo Lectura e terá por título: ”Contamos e cantamos de novo en Contos en Cueiros” para os nenos e as nenas de 0 a 3 anos.
A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala. A entrada será, coma sempre, de balde e cumprindo coas medidas sanitarias de seguridade.

Criterios de inscrición
Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias da Asociación Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 15 de xuño a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

• o nome do bebé
• o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2018 ou despois
• o nome da persoa adulta que o vai acompañar
• un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
• en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!