Poñémoslle música aos afectos na Casa da Lectura

Este mércores, na Casa da Lectura celébrase unha nova sesión de dinamización lectora na cal lle poremos música aos afectos. A partir do libro-disco Bicos de música de Mamá Cabra, asistiremos a unha sesión conto-musical arredor das apertas, dos bicos, das amizades e das músicas. A actividade comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 a Casa da Lectura está aberta para préstamo e devolución de libros.

Na sesión da semana pasada contamos contos sobre libros e descubrimos libros insólitos e sorprendentes. Ao final, editamos o noso propio libro. Estas son as fotos dese día: