A Banda dos Cueiros, grupo convidado na gala dos Premios Xerais 2017

Fotografía de Xurxo Mariño

A Banda dos Cueiros, o grupo musical que naceu das actividades infantís de Espazo Lectura, actuou o pasado sábado 3 de xuño no acto de entrega dos Premios Xerais 2017 na Illa de San Simón.

Durante a gala de entrega de galardóns, a banda interpretou dous temas do seu repertorio: «Un bico porque si», peza baseada nun poema de Antonio García Teijeiro e incluída no libro-disco que se acaba de publicar e, antes, «O rastro que deixamos», unha canción en homenaxe a Agustín Fernández Paz, a quen se lembrou durante o acto, cuxa letra foi composta por Anxo Iglesias a partir de títulos de obras do escritor.

Dende Espazo Lectura, e especialmente dende a propia Banda dos Cueiros, expresamos o noso agradecemento á editorial Xerais por brindar a oportunidade de actuar no certame homenaxeando o noso benquerido mestre, padriño de Espazo Lectura, Agustín Fernández Paz.

o_rastro_que_deixamos