O mércores 1 de marzo o Sete Vidas reunirase para falar de A curmá Phillis de Elizabeth Gaskell, traducida por María Reimóndez e editada por Hugin e Munin.
Esta novela conta a historia da curmá segunda do narrador, Paul Manning, a partir de que este a coñeza sendo mozo e, sen pretendelo, trastorne o seu destino. A autora aborda o tema da sedución, os seus perigos e contrapartidas, ademais de afondar no tratamento da intimidade da auténtica protagonista, Phillis, vista sempre dende a ollada de Paul.
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da tradutora.