O Lendo Contigo inicia o ano viaxando á cidade de Ourense para coñecer ás irmás Pura e Dora Vázquez. Será da man de A mestra corremundos, de Arancha Nogueira e editado por Cuarto de Inverno.
Contaremos ademais coa presenza da autora, que nos axudará a coñecer a estas dúas mestras.
Agardámosvos o sábado 29 de xaneiro, ás 12:0h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
No mes de decembro a banda deseñada foi a protagonista da sesión co título Nerea. O príncipe da sorte, de Miguel Rojo e Pablo Prado (Xerais), que estiveron con nós durante a sesión e nos contaron sobre o proceso de creación desta obra. Aquí tedes as imaxes da sesión: