A sesión de dinamización lectora deste mércores, 13 de maio, xirará arredor de animais sorprendentes. Leremos os contos A vaca que puxo un ovo, Picorruchos e O galo traganoces e faremos un obradoiro cheo de pitiños.
A semana pasada tivemos unha sesión poética na Casa da Lectura. Escoitamos a Fran Alonso recitar unha chea de poemas de animais de todo tipo. Elefantes, dragóns, xirafas, formigas, ras, polbos, xoaniñas… Ningún quixo faltar a esta cita na que gozaron avós e avoas, papás e mamás e, por suposto, nenos e nenas. Estas son as fotos dese día.