Cine pola paz na Bibliocra


Dende a Biblioteca do CRA Antía Cal organízase unha sesión para adultos dedicada ao Día escolar da paz e a non violencia. O venres, 30 de xaneiro, proxectarase o filme de José Luis Cuerda A lingua das bolboretas, baseado no relato homónimo pertencente ao libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas.
Será na Biblioteca central (Gándara, 8 – Peitieiros), ás 18.30 horas.