Este mércores 8 de xuño despedimos a tempada 2015-2016 das sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura. Co lema “Pasen e miren” iremos coñecendo distintos personaxes do noso circo: as irmás elásticas, a pequena funambulista e a equilibrista dos libros, que darán paso ao mago Cali. A sesión comezará, coma sempre, ás 18:00 horas e media hora antes atenderase o servizo de préstamo.
Na sesión da semana pasada degustamos un menú de conto con O poliño da abeleira, de primeiro prato, O galo pelado, de segundo, e A vaca que puxo un ovo, de sobremesa. Estas son as fotos dese día.