O próximo luns 13 de decembro, ás 18:00horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
Paco da editorial Kalandraka.
Quen ven esta noite? da editorial Entre nubes y cuentos.
O grúfalo da editorial Patas de peixe.
Ratos na escola da editorial Kalandraka.