Deshonra, de J. M. Coetzee, no Sete Vidas

O próximo xoves, 2 de decembro, a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá a última sesión deste ano do Sete Vidas. Falaremos de Deshonra, de J. M. Coetzee, traducido por Moisés Barcia e editado por Rinoceronte.
Viaxamos a Sudáfrica da man de David Lurie, un profesor universitario que foxe de Cidade do Cabo despois de ser denunciado por unha alumna, e trasládase a unha facenda no rural coa súa filla Lucy.
Reunirémonos ás 20:00h.

 

Un comentario

Os comentarios están cerrados.