Dentro da programación da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, o venres 17 de maio, con motivo das Letras Galegas 2013, celébrase unha homenaxe ao autor Roberto Vidal Bolaño.
Ás 12:00 horas, na Praza da Paradela: teatro lido pola Escola de Teatro da OMIX de Gondomar.
Ás 12:45, na Praza da Paradela: Concerto da Banda de Música Agrupación Musical de Vincios.
Ás: 19:00 h, no auditorio Lois Tobío e en colaboración co IEM, espectáculo teatral “Unha vida dramática”, interpretado polas compañías Vichelocrego, Non si? Teatro, Tranghallada e Bertorella.