Xa estamos ás portas do Entroido, por iso na sesión de dinamización lectora deste mércores, na Casa da Lectura, imos celebrar esta festa cos contos «É tempo de entroido», de Ramón Veiga, e «O entroido dos animais», de Marianne Dubucc. No obradoiro faremos as nosas propias máscaras.
A actividade comeza ás 18:00 horas e dende media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Deseguido pódense ver as fotos da sesión anterior, cando nos viñeron ler os seus contos favoritos un grupo de mozas do Comando Le.