Espazo Lectura participa este martes nas xornadas de literatura e animación á lectura «Cando ler non serve para nada»

Este martes 10 de outubro, a partir as 16:30 horas, Espazo Lectura presentará a actividade “Contos en Cueiros” nas Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e Animación á Lectura “Cando ler non serve de nada” que terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Espazo Lectura compartirá mesa co ilustrador Marc Taeger, a cantante Uxía, a escritora Eva Mejuto e a editora Urco.