Este xoves 13, sesión do Sete Vidas

O próximo xoves 13 de xaneiro o Sete Vidas reunirase na Biblioteca Municipal de Gondomar para falar de O lector de Bernhard Schlink, traducida por David A. Álvarez Martínez (Hugin e Munin).
Michael Berg, un mozo alemán, mantén unha relación secreta con Hanna Schmitz, unha veciña que lle dobra a idade. Anos máis tarde atoparanse nun xuízo a varias gardiás dun campo de concentración nazi. A novela achéganos unha reflexión sobre a barbarie do nazismo, a culpa, a responsabilidade e a redención.
Reunirémonos ás 20:00. Contaremos coa presenza do tradutor.
Schlink