Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar.
Dende o 23 de marzo até o 29 de maio está aberto o prazo para participar na IV edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate. Podedes consultar as bases completas na súa web.