#euquedonacasa con… Eroski Paraíso

Hoxe, luns 23 ás 22:30h, estréase na Televisión de Galicia a versión cinematográfica da obra de teatro de Chévere, Eroski Paraíso, protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cristina Iglesias e dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Se queredes ler a obra de Eroski Paraíso como fixemos hai uns meses no Club de Lectura do Sete Vidas, atoparédela editada por Kalandraka.
Disfrutádea!