Rinoceronte editora ofrécenos un rinoplan de continxencia para que estes días na casa sexan máis levadeiros. Se entrades na súa web http://rinoceronte.gal/editora/pf/rinoplan-de-continxencia/ poderedes atopar, ata o momento, o PDF de O parnaso sobre rodas, de Christopher Morley e traducido por Estela Villar, ou un audiolibro de Karel Čapek titulado O ano do xardineiro na voz de Santiago Cortegoso.
Agradecemos estas iniciativas e agardamos que as disfrutedes!