Homenaxe aos avós na Casa da Lectura

O mércores 6 de marzo, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura imos renderlles unha homenaxe aos avós e avoas. Na primeira parte da sesión, asistiremos a unha lectura dramatizada do conto Avós de Chema Heras e Rosa Osuna publicado por Kalandraka. Despois, os nenos e nenas que participen na actividade, faranlle un regalo sorpresa para candanseus avós e avoas.

Os mércores da Casa da Lectura comezan ás 18:30 horas e a Casa está aberta ese día da semana dende ás 17:30 para préstamo bibliotecario.

Estas imaxes correspóndense coa sesión do mércores 27 de febreiro, cando fomos á neve con carapuchiña vermella e As manoplas de Carapuchiña.