O número 187 da revista Grial, editada pola editorial Galaxia, que é socia protectora de Espazo Lectura, está dedicado ao libro electrónico e á cada vez máis xeneralizada lectura dixital.
Baixo a coordinación de Víctor Freixanes e Manuel Bragado, o monográfico “Lectura dixital” achega interesantes artigos de especialistas na materia como Domingo Docampo (“Sobre a lectura dixital”), Robert Darnton (“Google e o novo futuro dixital”), Daniel Cassany (“Viño e botellas con lectura e libros”), Carlos Lema (“O libro perfecto”) ou o propio Manuel Bragado (“O difícil camiño do libro dixital en galego”).
Unha lectura moi recomendable para estar informado sobre a auténtica revolución cultural que xa está a petar nas nosas portas e que abre numerosos debates no mundo da edición e da lectura.