Este próximo mércores 2 de abril a Casa da Lectura vai celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cunha sesión centrada na obra de Leo Lionni, deseñador, pintor e autor de libros infantís como Frederick, Nadarín, O soño de Matías ou Pequeno azul, pequeno amarelo.
A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta para atender o servizo de préstamo.
Estas son as fotografías tomadas na anterior sesión, dedicada ao conto Loboferoz.