Ler

Rosa Aneiros publica no Xornal de Galicia a seguinte columna de opinión sobre a próxima celebración do Día do Libro.

Ler
Aprendín a ler sen que ninguén se decatase. Cando a mestra seguía ensinando aos outros nenos a xuntaren o eme co a, había xa tempo que eu coñecía a solidariedade que tecen entre si os signos escritos, as súas combinacións infitinas e os sons marabillosos (…). Ninguén se decatou. Lin coma unha posesa, primeiro ás agachadas, e despois, cando me pareceu que transcorrera o tempo normal de aprendizaxe, á vista de todos, mais tendo moito coidado de disimular o meu interese e o pracer que me proporcionaba. A nena fráxil convertérase nunha alma famenta. Aos doce anos deixei a escola para traballar na casa e mais nos campo cos meus pais e os meus irmáns. Aos dezasete, casei”. Así di Renée, a protagonista d´A elegancia do ourizo de M. Barbery. A súa é unha historia de ficción pero para millóns de nenas convértese na única realidade. Por iso a Unesco dedica o vindeiro 23 de abril –Día Mundial do Libro á alfabetización cunha mensaxe clara: “Open books, open doors”. Porque cando aprendemos a ler e a escribir, aprendemos a abrir as portas.