Levírtete: este é o lema empregado na edición de 2010 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, dedicada este ano á cidade.
Dende o 7 de febreiro e ata o 14 de marzo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle exposicións, obradoiros e múltiples actividades para todos os públicos relacionadas co libro e a literatura infantil e xuvenil que inclúen espectáculos, música, conferencias… Pódese consultar o programa completo, día a día, aquí.
Ademais, este ano o Salón rende homenaxe a dous autores ben coñecidos e queridos en Gondomar: Agustín Fernández Paz e Xabier P. DoCampo, que ademais acaban de ser recoñecidos entre os once mellores autores do século XX.