O próximo mércores 17 de outubro, na sesión semanal de dinamización lectora, a Casa da Lectura vaise encher de medos e misterios. Contaremos os contos «Fiz, o coleccionista de medos» e «Os dous corcovados», e logo, para que poidamos facer a nosa propia colección de temores e que non escapen, confeccionaremos cadernos coas portadas de augas. Coma sempre, a actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
A semana pasada desfrutamos dunha sesión que nos fixo voar. Estas son as imaxes dese día.