Este mércores 16 de xuño , a partir das 18.30h, despedimos as sesións de dinamización na Casa da Lectura ata despois do verán e farémolo cunha sesión moi saborosa. A Casa da Lectura converterase nun restaurante no que escoitaremos contos e probaremos os pratos cociñados nas diferentes historias. Haberá montadiños de pan e queixo preparados na cociña real do conto A pota que trota, tortilla preparada co ovo de A vaca que puxo un vovo, croquetas de Pito cairo e, de sobremesa, chocolate aos diferentes estilos de Gústame o chocolate e torta con marmelada de amoras de A casa da mosca chosca. Os nenos e nenas serán os clientes deste restaurante especial onde as cociñeiras e camareiras lles van ofrecer unha sesión “deliciosa” co noso Menú do Conto.
Á volta das vacacións de verán volverán os contos á Casa da Lectura, para pasalo tan ben como na sesión da semana pasada. Estas son algunhas imaxes dese día.