Nova tempada do Contomar

O Contomar de Espazo Lectura inicia unha nova tempada o vindeiro luns 3 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

As sesións de contacontos lévanse a cabo na Biblioteca Municipal de Gondomar todos os luns ás 18:00h, desde outubro a maio (agás os períodos de vacacións escolares).
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de tres anos acompañados dunha persoa adulta.

Agardámosvos!