O vindeiro mércores 16 de maio, as mozas e mozos do Comando Le serán os encargados de levar música e contos á actividade semanal da Casa da Lectura. Lerán e cantarán «O gran libro do polo Pepe», «Dona Carme» e «Paco Papán». A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Na sesión da semana pasada, da man de Víctor coñecemos un pouco máis a vida e as obras infantís de María Victoria Moreno, a autora á que se lle dedica este ano o Día da Letras Galegas. Estas son as imaxes da sesión: