O martes 7 de outubro de 2014, ás 20.00 horas, reanudamos as sesións mensuais do Club de Lectura Sete Vidas que se celebran na Biblioteca de Gondomar.
O libro sobre o que se vai falar e debater é a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada por Xerais. Trátase da segunda novela do autor, quen, tras o éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, que tamén lemos no club, regresa cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
Contaremos coa presenza do autor
Esta sesión completarase coa presenza de Pedro Feijoo que, a partir das 21:00 h, se unirá á conversa coas persoas que queiran acompañarnos na Biblitoeca.