O vindeiro mércores, 20 de febreiro, na Casa da Lectura o mar terá todo o protagonismo e anegará coas súas ondas a sesión de dinamización. O mar como protagonista literario, a través da tradición oral e a través dos contos. Será unha tarde para darse un chapuzón invernal en coñecementos, contos e poemas con sabor salgado. O mar, ese gran e fermoso enigma. Non será necesario levar salvavidas.
Na seguinte galería de imaxes pódese ver o que sucedeu o anterior mércores da Casa da Lectura: