Este mércores, 12 de marzo, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura terá o mar como eixo temático. A través de difetentes contos mariños, achegarémonos aos retos, á aventura, aos ventos e á solidariedade. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes a casa xa estará aberta para atender o servizo de préstamo.
Estas son algunhas imaxes da anterior sesión, na cal aprendimos todos os trucos para ser un bo investigador ou investigadora.