O Sete Vidas pecha a tempada o xoves 2 de xuño con Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga (Galaxia).
Virtudes (e misterios), que recibiu o Premio Nacional de Narrativa 2021, fala dunha familia, a do autor, marcada pola emigración que os levou das Mariñas coruñesas a Londres.
Contar a emigración desde a parte dos retornados foi o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Será ás 20:00h no Café Keik (rúa das Ánimas 10, Gondomar).
Contaremos coa presenza do autor.