Astromántica Cartoneira é unha editorial cartoneira universitaria que continúa o movemento iniciado por Eloísa Cartonera (Buenos Aires) en 2001. Dende entón, foron aparecendo, sobre todo en América Latina, pero tamén en España, iniciativas deste tipo, coa vontade de dar unha nova utilidade ao cartón empregado polos medios de produción da nosa sociedade.
As editoriais cartoneiras, como Astromántica, contemplan o ciclo completo da vida dun libro: escritura, corrección, maquetación, deseño de cubertas e encadernación de textos. Os textos que habitualmente utiliza son cedidos polos autores ou por outras cartoneiras e compartidos con licencia copyleft. Ademais, a encadernación é única xa que se empregan cartóns reciclados e distintas técnicas artísticas de ilustración.
O obxectivo de Astromántica Cartoneira é facer chegar os libros aos seus destinatarios finais: os lectores. Deste modo é fundamental a colaboración con outras asociación culturais, centros de ensino, librarías, etc. coa finalidade de difundir a súas actividades e promocionar esta nova forma de tratamento dos textos literarios.