Este sábado 18 de decembro, de 20:00h a 22:00h, o Centro Neural de Gondomar acollerá a última sesión do 2020 do Comando Le, o club de activismo cultural para rapaces e rapazas de máis de 12 anos que organiza Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar. Nesta ocasión os integrantes do Comando Le, respectando as medidas hixiénico-sanitarias vixentes, participarán nun obradoiro de escritura que xirará arredor do medo e do misterio.
Deixamos a continuación as imaxes da sesión do mes de novembro, na que tivemos un encontro co neurocientífico Juan Casto Rivadulla para falar do seu libro A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro: