Este sábado 24 de febreiro terá lugar na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le, o noso grupo de activismo cultural para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión contaremos coa presenza de Víctor Pérez, de Pasatempos, escola de tempo de libre, e membro do equipo de voluntariado de Espazo Lectura, quen vai realizar cos comandoleiros e comandoleiras uns obradoiros de dinamización lectora para preparar as tres sesións que os rapaces e rapazas van facer proximamente para os máis pequenos na Casa da Lectura. A sesión comezará, coma sempre, ás 20:00h e rematará ás 00:00h, cunha pausa para unha cea compartida.
Deseguido pódense ver as fotos da sesión do pasado mes de xaneiro, na que contamos coa presenza da escritora María Reimóndez: