Non hai nada máis reparador ca un bico: cando estamos tristes, cando nos enfadamos, cando lle queremos dicir a alguén canto o queremos… Un simple bico serve para comunicar tantas cousas!
Esta semana, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura achegarémonos ao gran poder que agochan os bicos a través dos contos Non fai falta a voz, Adiviña canto te quero, Quando a mãe grita e Unha manchea de bicos. A cita é o mércores 23 de outubro, ás 18:00 horas.
Deseguido podedes ver a galería de fotos tomadas na sesión da semana pasada, cando a través de adiviñas e contos coñecimos parte do fondo bibliográfico da Casa da Lectura.