Este mércores, 25 de marzo, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura saudaremos aos “pequeniños” (con Que tal, pequeniño?) e coñeceremos ao máis pequerrechiño dos nenos a ritmo de Garavanciño. A actividade comeza ás 18:00 horas, para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Na sesión do mércores pasado, 18 crianzas sucumbiron aos encantos de Xoán Li e Bieifúm. Comezou Xoán Li contádonos como escriben os chineses e como noutros países tamén escriben de xeito distinto: armenios, xeorxianos, coreanos, gregos, árabes… Tamén vimos utensilios que se utilizan para escribir, distintos aos nosos, e diferentes libros. Logo aprendemos un pouco de chinés. E díxonos que as grafías representaban ideogramas. A continuación con Bieifúm asistimos a O nacemento do dragón. Xa para rematar cada neno pintou un dragón e, como se nos foi o tempo voando, levaron un marcapáxinas para facer na casa. Estas son as imaxes dese día.