O mércores 11 de maio, ás 18:00 horas, temos unha nova sesión de dinamización lectora na Casa da Lectura. Nesta ocasión, a partir do libro de poemas “O meu gato poeta” (Edicións Xerais), acompañado por “¿Qué piensas?”, de Kókinos, e “Luces que se acenden e se apagan”, de Kalandraka, imos descubrir qué pasa no noso caletre cando pensamos, imaxinamos, soñamos ou… xogamos. Ademais, convidaremos aos nenos e nenas que se acheguen a elaborar, a ritmo de pareado, un poema cos nosos pensamentos. A Casa da Lectura, como sempre, abrirá ás 17:30 para poder facer o préstamo de libros.
Na sesión da semana pasada foron Mar e Fátima, as coordinadoras do Contomar, as encargadas de guiar a actividade. Leron os contos “A banda de Vilacendoi” e “A clase de tuba” e, durante a lectura do primeiro deles, Nieves, tamén do equipo do Contomar, puxo a música en directo. Para rematar, organizaron a Banda da Casa da Lectura coa colaboración dos nenos e nenas que nos acompañaron. Repartiron un instrumento para cada un e cantamos entre todos o poema “Caracol” de Manuel María. Estas son as imaxes dese día.