A sesión de dinamización lectora deste mércores, 19 de febreiro, xirará arredor do conto Pilú, Pilú! de Susana Isern.
Dun modo divertido, Pilú Pilú! achega os pequenos á posible orixe da relación real entre os crocodilos e os paxaros pluviais, máis coñecidos como corredores exipcios. Esta ave límpalles a boca de restos de comida, de parasitos coma samesugas e outros invertebrados. Un álbum para espertar a curiosidade do lector e alimentar as súas ganas de saber para, deste xeito, descubrir que un nunca se pode fiar das aparencias. Unha historia que invita a crer nas boas intencións e a confiar nos demais, e que enxalza valores como a amizade e o compañeirismo.
A cita é na Casa da Lectura ás 18:00 horas e, media hora antes, as portas xa están abertas para atender o servizo de préstamo.
A semana pasada tivemos unha sesión mostruosa, estas son algunhas das imaxes dese día.