O próximo luns, 20 de maio, na sesión do Contomar enfrontarémonos a todas as temidas e voraces feras dos contos tradicionais con Andrés cabeza abaixo. Ademais, tamén leremos A Ratiña Presumida, A que sabe a lúa? e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Non podedes perdelo, a cita é o luns ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.
Estas son algunhas fotos da sesión do 13 de maio, cando nos visitou o un grupo de mestres e mestras do Chano Piñeiro.