A viaxe das sesións de dinamización da Casa da Lectura está chegando á súa fin. O 3 de outubro comezabamos a tempada 2012-2013 cunha viaxe a través de contos de diferentes culturas e países e deseñabamos os nosos pasaportes para viaxar polo mundo dos contos.
Este mércores, 5 de xuño, ás 18:30 horas, retomamos a idea da viaxe coas historias Que bonito é Panamá! e Ser amigos. E viaxaremos en avión, con destino ao lugar que máis gana teñamos de coñecer e acompañados do amigo ou amiga co que máis nos gustaría viaxar.
Estas imaxes son da sesión da semana pasada, dedicada ás bolboretas.