Este venres, 29 de maio, celebraremos a última sesión da tempada do club de lectura compartida Lendo Contigo, e celebrarémolo co libro Casas, de Paula Carballeira. Por ser unha sesión especial, muda de día e tamén de hora e lugar: comezará ás 20:30 e terá lugar na Casa da Lectura, onde cearemos todos xuntos e desfrutaremos coas marabillosas historias de Paula Carballeira.
Na sesión de abril celebramos a Semana do Libro lendo en parella. Os protagonistas foron os nenos e nenas que, xunto coas súas familias, compartiron con nós as súas lecturas preferidas. Foi unha sesión moi emocionante e divertida. Estas son as imaxes.