Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2014 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.
No mes de febreiro, celebramos a sesión “Titiricontos”, inspirada no teatro de monicreques. Montamos un teatriño na biblioteca e, nel, comezamos cantando unha canción tradicional de dediños, con monicreques de dedos. Despois escoitamos a canción “O barqueiro” do disco “Fíos do querer” de Cé Orquestra Pantasma, e representámola movendo a figura do barqueiro e as ondas do mar feitas en cartón. A continuación, contamos un conto de cucu-tras con animais mariños e, por último, contamos “Quen é ese becho?” de Kalandraka, coa reprodución en monicreques dos insectos do conto. Para rematar, repartimos entre as familias unha careta de “becho” cunha lingua de papel coa que se podía xogar a soprar cos bebés. Estas son as fotos dese día: https://goo.gl/photos/TUEThbef3ziBJGy58