A sesión de dinamización lectora do mércores 4 de maio, na Casa da Lectura, correrá a cargo das coordinadoras do Contomar: Fátima e Mar, que lerán os contos As clases de tuba e A banda de Vilacendoi para despois realizar un obradoiro musical no que cantaremos un poema de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016, acompañados de diferentes instrumentos pobres. A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo.
A sesión da semana pasada xirou arredor dos crocodilos, dos cales aprendemos un montón de cousas. Estas son as imaxes dese día.